Preguntas frecuentes
Todo o que adoitan preguntarnos antes de comezar con Trinity.
Necesito un ordenador potente?
Non. Trinity pensa, escoita e fala no seu servidor; no teu ordenador só ocupa uns 700 MB de memoria.
Funciona co meu programa de xestión?
Si. Trinity aprende calquera programa de Windows percorrendo os seus menús e pantallas, e o que aprende unha Trinity sábeno todas.
Pode equivocarse e gravar algo mal?
Antes de gravar, enviar, pagar ou borrar dite que vai facer e agarda o teu «si». Se non llo dás, non o fai.
Funciona en Mac ou no móbil?
Si, con Trinity web en iatrinity.com. En Mac, con Chrome ou Edge e a súa extensión, tamén leva as túas webs. Os programas de Windows só os leva Trinity instalada en Windows.
Que pasa cos meus datos?
Quedan no teu ordenador. Ao cerebro só vai o que lle dis, para entenderte e contestarche, nun servidor da Unión Europea, e non gardamos as conversas.
Preciso internet?
Si: Trinity pensa no seu servidor. Coa conexión normal de calquera oficina vai sobrada.
Teño que falarlle ou podo escribirlle?
Como prefiras: co micrófono ou escribindo. E ela contéstache por escrito e, se queres, tamén de viva voz.
Funciona con Word, Excel e Outlook?
Si, con Microsoft Office en Windows (Word, Excel e Outlook clásico) e con Thunderbird para o correo.
E se somos varios na oficina?
Cada posto ten a súa Trinity e a súa conta, e o que aprende unha dos vosos programas sábeno todas.
Como se actualiza?
Soa: recibe pequenas actualizacións asinadas, sen reinstalar e sen que teñas que facer nada.
Canto custa?
Depende dos postos e do uso. Próbaa de balde e escríbenos: preparámosche unha proposta sen compromiso.
Fala con Trinity agora
Próbaa de balde no teu navegador ou no móbil. Sen rexistrarte.