Servidor propio na Unión Europea
O cerebro de Trinity está nun servidor propio na UE, non compartido, con copias de seguridade cifradas cada noite.
Un asistente que traballa no teu ordenador ten que ser de fiar. Así o fixemos.

O cerebro de Trinity está nun servidor propio na UE, non compartido, con copias de seguridade cifradas cada noite.
Antes de gravar, enviar, pagar ou borrar dite exactamente que vai facer e agarda o teu permiso. Se non llo dás, non o fai.
Nunca escribe contrasinais, PIN, datos de tarxeta nin contas bancarias: esas caixas énchelas ti.
Os teus documentos, as túas notas e o que aprende das túas pantallas quedan no teu equipo. Ao coñecemento común só van os menús dos programas.
O que lle dis viaxa cifrado para entendelo e contestarche, e non se garda.
Cada conta é persoal e pódese pausar ou dar de baixa no momento.
Trinity pensa nun servidor propio na Unión Europea, preparado só para ela. Por iso contesta nun ou dous segundos aínda que o teu ordenador teña os seus anos.
No teu equipo só están a súa xanela, o micrófono e as «mans» que levan os teus programas: ocupa uns 700 MB de memoria e non precisa tarxeta gráfica.

Próbaa de balde no teu navegador ou no móbil. Sen rexistrarte.